Linguado

Introduce aquí el subtítular

O linguado (Solea solea) é o rei dos peixes planos tanto pola súas virtudes culinarias, só superadas seica polo rodaballo, como pola súa cantidade. A súa inmobilidade é maior durante o día pois é de hábitos principalmente nocturnos.

A súa dieta é carnivora, alimentándose de pequenos peixes, crustáceos e invertebrados do fondo, sobre todo anélidos. É un cazador que espera camuflado baixo a area ás súas vítimas. Posúe ao nacer un ollo a cada lado da cabeza, pero logo sofre unha metamorfose e ao chegar á idade adulta un dos ollos múdase para que os dous estean no mesmo lado. Isto permítelle quedar no fondo do mar e ver ás súas presas con ambos os ollos. Pasa a súa vida adulta no fondo deitado sobre o seu lado esquerdo.

Péscase ao trasmallo, ao arrastre, con rascos e miños.

© 2019   |  Todos os dereitos reservados
Creado con Webnode
BUILT WITH WEBNODE Like this website? Yours can be live today. Like this website? Yours can be live today. Describe your idea, AI builds the first draft. No code, free to start.