Linguado

Introduce aquí el subtítular

linguado (Solea solea) é o rei dos peixes planos tanto pola súas virtudes culinarias, só superadas seica polo rodaballo, como pola súa cantidade. A súa inmobilidade é maior durante o día pois é de hábitos principalmente nocturnos.

A súa dieta é carnivora, alimentándose de pequenos peixes, crustáceos e invertebrados do fondo, sobre todo anélidos. É un cazador que espera camuflado baixo a area ás súas vítimas. Posúe ao nacer un ollo a cada lado da cabeza, pero logo sofre unha metamorfose e ao chegar á idade adulta un dos ollos múdase para que os dous estean no mesmo lado. Isto permítelle quedar no fondo do mar e ver ás súas presas con ambos os ollos. Pasa a súa vida adulta no fondo deitado sobre o seu lado esquerdo.

Péscase ao trasmallo, ao arrastre, con rascos e miños.

© 2019   |  Todos os dereitos reservados
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar