Raia
Introduce aquí el subtítular

Esta especie tamén é chamada raia de boca rosa ou raia común. Vive en auga salgada e é un peixe branco cartilaxinoso, é dicir non posúe esqueleto óseo, e é raiaforme. Está emparentado coas quenllas. Atópase en fondos areosos ou limosos. Normalmente vive nas profundidades e fondos. Aliméntase de crustáceos, peixes pequenos e tamén dos desperdicios arrastrados polas correntes mariñas, polo que se considera omnívora.
Péscase con redes de arrastre e con sedela.

