Pescada

Introduce aquí el subtítular

A pescada (Merluccius merluccius) é unha especie pelágica e predadora que come peixes máis pequenos ( anchovetas, arenques, outras pescadas, etc.), crustáceos, luras e zooplancton.

Cando son máis novas e en función do seu tamaño reciben outros nomes, como cariocas, cando non pasan de dous quilos. É un dos peixes máis usados na nosa cociña (6 quilos por persoa e ano).

Aínda que pode atoparse a profundidades de entre 50 e 500 m habita normalmente nunha profundidade media de 200 m, estando no inverno a máis profundidade que no verán cando se achegan á costa. Vive en temperaturas arredor dos 5º C.

Péscase con redes de arrastre de fondo e semipelágicas, tamén con anzol palangre. As de anzol, tamén chamadas "do pincho"  son as máis apreciadas.

© 2019   |  Todos os dereitos reservados
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar