Lamprea

Introduce aquí el subtítular

A Lamprea de mar (Petromyzon marinus) é un peixe azul que habita en profundidades de 200 e 400 m de profundidade. Os exemplares maduros son parásitos e viven adheridos aos peixes e mamíferos. É un peixe sen mandíbula cuxo orixe se remonta 500 millóns de anos e non evolucionou prácticamente. Vive no mar e reprodúcese no río, por iso sobe aos ríos para reproducirse e logo morrer. A larva, que é moi diferente ao adulto, vive nos ríos ata os cinco anos máis ou menos, momento no que se converte en adulto e se vai ao mar. Na fase larvaria carece de dentes e aliméntase succionando organismos microscópicos. Pero unha longa metamorfose convérteo nun animal parásito, dotándolle de agudos dentes e dunha lingua áspera que lle permiten furar o corpo das súas vítimas e succionar a súa sangue e líquidos corporais. Cando é adulta vive fixada a quenllas, salmóns, bacallaus e mamíferos mariños. Pégase ás súas vítimas ata que se sacia ou os mata.

Na idade media eran consideradas un alimento delicioso. E os romanos considerábana exquisita. As "pesqueiras" son sitios nos que, mediante muros de mampostería, se canalizan as augas para pasar as lampreas a través dunhas nasas chamadas "butróns". 

© 2019   |  Todos os dereitos reservados
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar